Saltar ao contido

Envío de traballos

Envío de resumos

Cada participante poderá enviar até dous resumos cun máximo de 300 palabras e non máis de cinco palabras-chave, nunha das linguas do congreso (portugués ou galego, español, francés, italiano e inglés).

Recoméndase a utilización das normas da APA, estruturando o texto con identificación do tema, obxectivo, metodoloxía (mostra, instrumento e procedemento), resultados e conclusión. Ao ser un resumo, todas as seccións terán que ser presentadas de forma sintética, especialmente a sección Resultados. Se se tratar dun traballo sen base nun estudo empírico, o resumo debe presentar unha estrutura de estudo teórico (identificar o modelo ou aproximación teórica e relacionar resultados actuais e pasados).

O 31 de xullo comunicarase aos participantes a decisión relativa á aceptación do resumo e se este foi aceptado na modalidade pretendida ou se se propón algunha alteración.

Por favor, envíe o resumo a través da plataforma easychair, facendo clic na imaxe de abaixo.

Envío de artigos

Os traballos presentados en cada un dos catro eixos poderán ser enviados para seren publicados en edicións especiais das seguintes revistas científicas:

A presentación dun traballo no techLING non implica que o artigo vaia ser aceptado na revista, xa que os procesos de revisión son independentes.